trackPithecanthropus Erectus Beneath the Underdog v0.1: Priscilianismo Global Voices: The World is Talking, Are You Listening?

Monday, March 22, 2010

Priscilianismo


priscilianismo foi unha corrente relixiosa cristiá, difundida polas prédicas de Prisciliano no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia.
Non se coñece moito sobre a doutrina priscilianista, porén sábese que o priscilianismo tiña como intención unha reforma da Igrexa dende dentro, aceptaba a participación da muller con iguais dereitos ao do home na vida da Igrexa, propugnaba a renuncia ao poder dos bispos, defendía a vida austera (con múltiples días de xaxún, predicando a continencia e a virxindade) e priorizaba o ascetismo e o estudo da Biblia, incluídos os apócrifos, o que ía en detrimento da autoridade episcopal e do clero.
Aínda sendo Prisciliano bispo de Ávila, as súas doutrinas son condenadas (concilio de Zaragoza, concilio de Bordeos e, incluso despois da súa morte, no concilio de Toledo).
No xuízo de Treveris (385), o emperador Magno Clemente Máximo condenou a Prisciliano e mais algúns seguidores por herexía acusándoo de maxia e maniqueísmo, sendo decapitados. Pero o priscilianismo, trala morte de Prisciliano, continuou forte na Gallaecia, difundíndose por todo o territorio e rendíndoselle culto ao seu corpo, por ser considerado mártir. Estivo tolerado durante a época sueva e só a partir da conversión de Requiario ao catolicismo no 449 comenzaron os priscilianistas a teren problemas coas autoridades, aínda así mantívose cando menos até o II Concilio Bracarense (572).

1 comment: