O
priscilianismo foi unha corrente relixiosa
cristiá, difundida polas prédicas de
Prisciliano no século IV en Hispania, e sobre todo na
Gallaecia.
Non se coñece moito sobre a doutrina priscilianista, porén sábese que o priscilianismo tiña como intención unha reforma da Igrexa dende dentro, aceptaba a participación da muller con iguais dereitos ao do home na vida da
Igrexa, propugnaba a renuncia ao poder dos bispos, defendía a vida austera (con múltiples días de
xaxún, predicando a continencia e a virxindade) e priorizaba o
ascetismo e o estudo da
Biblia, incluídos os
apócrifos, o que ía en detrimento da autoridade episcopal e do clero.
Aínda sendo Prisciliano bispo de Ávila, as súas doutrinas son condenadas (concilio de Zaragoza, concilio de Bordeos e, incluso despois da súa morte, no concilio de Toledo).
No xuízo de Treveris (
385), o emperador
Magno Clemente Máximo condenou a Prisciliano e mais algúns seguidores por
herexía acusándoo de
maxia e
maniqueísmo, sendo decapitados. Pero o priscilianismo, trala morte de Prisciliano, continuou forte na
Gallaecia, difundíndose por todo o territorio e rendíndoselle culto ao seu corpo, por ser considerado mártir. Estivo tolerado durante a época sueva e só a partir da conversión de
Requiario ao
catolicismo no
449 comenzaron os priscilianistas a teren problemas coas autoridades, aínda así mantívose cando menos até o
II Concilio Bracarense (
572).